Xornada de Orientación Universitaria 2024
30 de xaneiro
Para amosarlle a súa oferta académica ao alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao superior, a Universidade de Vigo organiza a Xornada de Orientación Universitaria.
A cita será o martes 30 de xaneiro, entre as 10.00 e as 13.00 h, no pavillón polideportivo do campus de Vigo e no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución.
Máis información:
Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal