Nos tres campus
Xornadas de benvida 2019/2020
4, 5 e 6 de setembro
Os días 4, 5 e 6 de setembro de 2019 son as datas elixidas para darlle a benvida ao novo curso dunha maneira moi especial. No teu campus haberá unha xornada pensada para ti, que comezas unha nova etapa con nós e que xa formas parte da comunidade universitaria.
Queremos que recibas toda a información necesaria para desenvolverte na vida universitaria. Para isto é fundamental que asistas entre as 10.00 e 14.00 horas ao teu campus nas datas indicadas. Poderás informarte con detalle sobre todos os servizos que ofrece a nosa universidade e tamén recibirás algún agasallo para comezar o curso da mellor das maneiras.
Ao longo de toda a xornada tamén haberá música, actividades científicas e culturais, actividades deportivas, xeados, bebidas e moito máis.
Premendo nas ligazóns podes acceder ao programa dos tres campus:
Non faltes e vive con nós o inicio do curso na Universidade de Vigo! #SomosUVigo
Máis información:
Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.gal