Concurso de vídeos Móvete polos ODS: votacións abertas

UVigo – Responsabilidade social axenda 2030 30/10/2023

Xa está aberto o período de votación para elixir os premios da terceira edición do concurso Móvete polos ODS da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento.

Este concurso pretende convidar as persoas participantes a mobilizarse e comprometerse fronte aos grandes retos da Axenda 2030, como son o cambio climático, as desigualdades sociais e de xénero, a perda da biodiversidade, a escaseza de auga etc.

O prazo de votacións estará aberto desde o 30 de outubro ata o 14 de novembro, ás 14:00 horas.
 
De acordo coa convocatoria, os vídeos gañadores serán os que teñan máis "gústame" en YouTube ao finalizar o prazo de votacións; non se terán en conta o número de interaccións, senón os "gústame" únicos). 

Premios:

  • Primeiro premio ao vídeo máis votado en YouTube: 550 € 
  • Segundo premio ao segundo vídeo máis votado en YouTube: 350 €
  • Terceiro premio ao terceiro vídeo máis votado en YouTube: 200 € 
  • Premio á innovación: 400 €  

 
Convidámoste a ver e a votar os vídeos a través da seguinte ligazón:

Vídeos

 

Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
vic.benestar@uvigo.gal | direc.equidade@uvigo.gal