Manifesto da Rede de Universidades pola Igualdade

Día do Orgullo 2023

UVigo – Responsabilidade social axenda 2030 28/06/2023

A Rede de Universidades pola Diversidade (RUD) reinvindica a necesidade de apostar por políticas de diversidade interseccionais no sistema universitario

As corenta universidades españolas participantes no II Encontro da Rede de Universidades pola Diversidade, acollido pola Universidad Autónoma de Madrid (UAM) e a Universidad Rey Juan Carlos (URJC), reiteramos o noso compromiso polo respecto á diversidade desde unha perspectiva interseccional.

Durante as xornadas Políticas de diversidade  sexual e de xénero,  por procedencia, cultura, crenza e afíns,  reflexionamos sobre cales son as casuísticas en materia de igualdade e de diversidade en cada universidade e puxemos en común propostas para tratar os novos marcos lexislativos da Lei orgánica do sistema universitario, a Lei de ciencia, innovación e tecnoloxía, a Lei de convivencia  universitaria, a Lei para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para garantir os dereitos das persoas LGTBI e a Lei integral para a igualdade de trato e a non discriminación.

Desde a RUD celebramos que a LOSU recolla a obriga das universidades de contar entre as súas estruturas básicas con unidades de diversidade e as emprace para dotalas dos recursos necesarios para o desenvolvemento das súas funcións, polo que reivindicamos o seu cumprimento por parte das institucións universitarias e dos organismos competentes.

Dado que a nosa actividade como universidades está enfocada á investigación, á docencia e á transferencia, debemos fomentar o coñecemento da realidade das persoas LGTBIQA+, das persoas racializadas e das persoas con diversidade funcional e cognitiva. Mediante a promoción de investigacións de calidade sobre diversidade e incluíndo na oferta formativa estes valores de forma  transversal, poñendo énfase na loita contra a lgtbifobia, o racismo, o antixitanismo e o capacitismo, a través de campañas de sensibilización, detección e intervención.

A RUD amosa a súa preocupación polo incremento dos discursos en contra das ópticas dos dereitos humanos fundamentais. A universidade como institución educativa debe continuar fomentando unha capacidade crítica, reflexiva e analítica que permita a transformación para construír unha sociedade máis habitable para todas as persoas.

A RUD non é allea á sociedade na que estamos inmersas. Por iso traballamos para que as universidades se constitúan como espazos seguros e reivindicámonos como institucións aliadas de causas sociais para poder celebrar a igualdade de dereitos e a convivencia na diversidade.
 
A Rede de Universidades pola  Diversidade é feminista, LGTBIQA+, transincluínte, despatoloxizante, mestiza, inclusiva, progresista, ecoloxista, políglota, antirracista, anticapacitista, antipatriarcal, segue os principios de equidade e xustiza social. E sobre todo, abraza a diversidade familiar, é visible e é orgullosa.

Miraflores de la Sierra, 26 de xuño de 2023

 

As universidades adheridas á RUD ata o momento son as seguintes:

  • Universidade da Coruña
  • Universidad de Alcalá
  • Universitat d'Alacant
  • Universidad de Almería
  • Universitat Autònoma de Barcelona
  • Universidad Autónoma de Madrid
  • Universitat de Barcelona
  • Universitat Oberta de Catalunya
  • Universidad Carlos III de Madrid
  • Universidad de Cádiz
  • Universidade de Córdoba
  • Universidad de Extremadura
  • Universidad Fernando Pessoa-Canarias
  • Universitat de Girona
  • Universidad de Granada
  • Universidad de Huelva
  • Universidad de Jaén
  • Universitat Jaume I de Castelló
  • Universidad de la Laguna
  • Universidad de La Rioja
  • Universidad de León
  • Universitat de Lleida
  • Universidad de Málaga
  • Universidad Miguel Hernández de Elche
  • Universidad de Oviedo
  • Universidad Pablo de Olavide de Sevilla
  • Universidad Politécnica de Cartagena
  • Universitat Politècnica de Catalunya
  • Universidad Politécnica de Madrid
  • Universitat Politècnica de València
  • Universitat Pompeu Fabra
  • Universidad Rey Juan Carlos
  • Universitat Rovira i Virgili
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidad de Sevilla
  • Universidade de València
  • Universidad de Valladolid
  • Universidade de Vigo
  • Universidad de Zaragoza

 

Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
vic.benestar@uvigo.gal 
direc.equidade@uvigo.gal