IV Encontro da Rede de Universidades pola Diversidade

9 e 10 de maio de 2024

UVigo – Responsabilidade social axenda 2030 14/03/2024

A Universidade de Vigo acolle o IV Encontro da Rede de Universidades pola Diversidade (RUD) os días 9 e 10 de maio de 2024.


A Rede de Universidades pola Diversidade (RUD)

Esta rede é o órgano  de confluencia e de representación do conxunto de universidades españolas en materia de diversidade sexual e de xénero (orientación sexual, diversidade corporal, afectiva, identidade de xénero e expresión de xénero) e diversidade por procedencia, cultura, crenza e afíns.

Obxectivo

No marco destas xornadas traballaremos conxuntamente tendo en conta os marcos lexislativos de aplicación en cada comunidade autónoma, constituiremos grupos de traballo e realizaremos a asemblea da RUD.


Persoas destinatarias

Estas xornadas están dirixidas ás persoas responsables dos ámbitos de diversidade arriba referidos das universidades que están integradas na RUD.


Programa e inscrición


Información práctica

 

Máis información:

Área de Equidade e Diversidade
Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
vic.benestar@uvigo.gal | direc.equidade@uvigo.gal