NAS TRES UNIVERSIDADES GALEGAS

Semana Galega da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento 2023

9, 10 e 11 de maio

UVigo – Responsabilidade social axenda 2030 12/04/2023

A Rede Galega de Cooperación Universitaria, integrada polas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, organiza a Semana Galega da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento. As xornadas terán presenza nos campus das tres universidades galegas e poderán seguirse en liña.

  • Xornada 1 : Alianzas
    9 de maio de 2023
    Universidade de Vigo
    Sala 1, Edificio Miralles, Campus de Vigo
  • Xornada 2: A Universidade creando conciencia
    10 de maio de 2023
    Universidade de Santiago de Compostela
    Campus Sur
  • Xornada 3: As persoas
    11 de maio de 2023
    Universidade da Coruña
    Campus Elviña

Persoas destinatarias

Estas xornadas van dirixidas ao persoal docente e investigadores, estudantes, persoal universitario de servizos e administración así como aos traballadores e traballadoras das entidades sociais e ao público en xeral que teña un interese especial na cooperación universitaria ao desenvolvemento (CUD).

Acreditación da asistencia

  • Ao profesorado das tres universidades galegas acreditaráselle a asistencia de acordo coa normativa das súas propias universidades (para máis información: santiago@usc.gal, ocvfer@udc.es ou direc.equidade@uvigo.gal).
  • Para o resto da comunidade universitaria e o público xeral, a acreditación de asistencia realizarase de acordo co disposto a continuación (é preciso indicar a modalidade elixida na inscrición):
    • Por asistir ao evento completo obterase unha acreditación por 22 horas de docencia.
    • Para acadar a acreditación de asistencia  é preciso, como mínimo, asistir a unha das xornadas de forma presencial e o seguimento en liña do 80 % das xornadas.
    • Pola asistencia presencial a unha das xornadas completa (Vigo, Santiago de Compostela ou A Coruña), entenderase unha acreditación de asistencia de sete horas de duración.

Obxectivo

Nestas xornadas achegarémonos ao fenómeno da cooperación universitaria ao desenvolvemento establecendo un foro de diálogo e de reflexión entre os principais actores da cooperación en torno á cooperación universitaria ao desenvolvemento, co obxecto de reforzar o papel das universidades públicas como axentes de cooperación e de crear sinerxías conxuntas que xeren un efecto multiplicador das accións de cooperación no marco da Axenda 2030.

As xornadas articúlanse en torno a relatorios, mesas redondas, paneles de experiencias e presentacións de pósteres. 

Programa e inscrición

Inscrición

 

Na xornada do 9 de maio, entre as 17.00 e as 17.30 h, está prevista unha sesión de presentación de pósters que recollan os resultados de investigacións ou de experiencias sobre a cooperación ao desenvolvemento no ámbito da universidade. 

Entre os pósteres enviados, seleccionaranse nove cuxa impresión será subvencionada pola organización das xornadas. A impresión do resto de pósteres correrán a cargo das persoas que os presenten.

Quen pode participar? 

Quen estea investigando ou queira dar a coñecer algún tipo de iniciativa sobre cooperación ao desenvolvemento e sobre a Axenda 2030 implementada nunha universidade.

Como serán as presentacións? 

Nun espazo habilitado no edificio Miralles, organizarase unha exposición onde as autoras e autores atenderán as preguntas das persoas asistentes.

Cales deben ser as dimensións dos pósteres? 

Terán como máximo 120 cm de alto por 90 cm de ancho. 

Prazo de presentación

Ata o 2 de maio enviarase a proposta de póster ao enderezo electrónico direc.equidade@uvigo.gal

Selección 

Un comité formado por representantes das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo seleccionarán nove pósteres cuxa impresión será subvencionada pola organización das xornadas.

Criterios de selección

  • Rigor científico ou interese da iniciativa (40 %)
  • Capacidade de síntese (25 %)
  • Orixinalidade do enfoque (15 %)
  • Calidade gráfica e da composición (20 %)

A listaxe dos pósteres seleccionados publicarase o 5 de maio de 2023.

Sesión de presentación de pósteres

O 9 de maio de 2023, as persoas con pósteres seleccionados colgaranos no lugar habilitado do edificio Miralles antes da sesión de presentación que terá lugar ente as 17.00 e as 17.30 h.

Para máis información sobre a presentación de pósteres, cómpre contactar por correo electrónico con direc.equidade@uvigo.gal

 

Área de Equidade e Diversidade
Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
vic.benestar@uvigo.gal | direc.equidade@uvigo.gal