Colabora con empresas facendo o teu TFG/TFM

UVigo - Emprego 07/03/2023

E se co teu TFG/TFM puideses colaborar con organizacións e empresas reais, tendo contacto co mundo laboral?
 
Como parte do programa COLMEA DE IDEAS da UVigo, asinamos un novo convenio con U4IMPACT, poñendo á túa disposición novos proxectos nos que podes participar e ter un impacto positivo nas persoas e polo tanto na sociedade.
 
Aproveita as horas de traballo do teu TFG ou TFM colaborando con empresas, emprendedores e organizacións sociais para contribuír aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Poderás traballar man a man con organizacións sociais como Fundación ONCE, Fundación Repsol, Autismo Sevilla…empresas de referencia como Ilunion, CaixaBank, Generali, Carrier, Schindler…e startups/emprendedores e emprendedoras como Aplanet, Ibions…

Hai proxectos para todos os ámbitos de coñecemento. Podes velos na plataforma e atopar o teu TFG ou TFM ideal rexistrándoche aquí.
 
Farás o teu TFG ou TFM con axuda dunha persoa coordinadora dentro da empresa (ademais do teu titor ou titora académica) que che aconsellará e axudará durante todo o proxecto e será o teu punto de contacto para todo o que necesites. Esta experiencia permitirache desenvolver novas habilidades profesionais e gañar experiencia para inserirte no mundo laboral.
 
Canto antes te inscribas, máis proxectos terán dispoñibles, xa que se irán pechando cando as organizacións seleccionen candidaturas.
 
O período de preselección finaliza o 17 de marzo.