Programa de Doutoramento en Tecnoloxía Aeroespacial: Enxeñarías Electromagnética, Electrónica, Informática e Mecánica

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura

Información administrativa

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Coordinación do título

Fernando Antonio Aguado Agelet

Centro ao que se adscribe

Escola Internacional de Doutoramento

Campus

Vigo

Código RUCT

    • Santiago García Fernández

      Nome: MÉTODOS AVANZADOS EN ELECTROMAGNETISMO COMPUTACIONAL APLICADOS A PROBLEMAS MULTIESCALA EN PLATAFORMAS NAVAIS
      Data de lectura:
      Directores:

      José Manuel Taboada Varela, Marta Gómez Araújo

    • Pedro Orgeira Crespo

      Nome: Re-definición de procesos de fabricación en converxencia a Industria 4.0
      Data de lectura:
      Directores:

      Fermín Navarro Medina

    • Juan González Núñez

      Nome: Arquivado de datos astronómicos a grande escala para a misión Gaia da ESA
      Data de lectura:
      Directores:

      Fernando Antonio Aguado Agelet, Fernando Antonio Aguado Agelet

    • Lorena María Pérez Eijo

      Nome: Antenas reflectoras de exploración de nova xeración en sistemas de detección en milimétricas para a reconstrucción en movemento en aplicacións de seguridade.
      Data de lectura:
      Directores:

      Antonio Pino García, Borja González Valdés

    • José María Núñez Ortuño

      Nome: Sistema de telemetría para aplicacións radar de alta resolución
      Data de lectura:
      Directores:

      Marta Gómez Araújo

    • José Vázquez Cabo

      Nome: Espectrometría en terahercios: análise, procesado e aplicacións
      Data de lectura:
      Directores:

      Pedro Chamorro Posada

    Descrición

    O programa de doutoramento responde a unha demanda do sistema de I+D+I tanto nacional como internacional, como é a de profesionais formados nos campos das tecnoloxías de aplicación aeroespacial, incluíndo as comunicacións por radio, integración de sistemas, así coma as enxeñarías electromagnética, mecánica, electrónica e informática.

    O programa de doutoramento, configúrase agora polo tanto como unha conxunción de varios equipos de investigación cun obxectivo común, o desenvolvemento de tecnoloxía susceptible de ser empregada en proxectos aeroespaciais. Trátase dun ámbito formativo que pode considerarse estratéxico para a Universidade de Vigo, e que permite estender cara ao doutoramento o proxecto formativo en tecnoloxía espacial que se iniciou co lanzamento de Xatcobeo, o primeiro satélite Galego, á vez que se orientan nun mesmo obxectivo diferentes grupos con gran experiencia previa en formación doutoral, como demostra o lanzamento recente dos satélites HUMSAT-D e SERPENS.

    A relevancia destes desenvolvementos tecnolóxicos radica non só na súa posible aplicación aeroespacial, senón tamén noutros campos de aplicación que xorden na industria en sectores tan variados como as telecomunicacións, a automoción, o sector naval, as aplicacións biomédicas ou novos sistemas de produción industrial. Deste xeito, o presente doutoramento é unha excelente oportunidade para incorporar ao tecido industrial un novo perfil de profesionais cunha alta formación específica.

    Ano comezo impartición: 2013
    Data publicación no DOG:
    Data publicación no BOE:
    Prazas de novo ingreso: 10

    • Análise e deseño avanzado de antenas de apertura e arrays
    • Dependencia espacial e predicción Kriging
    • Tecnoloxías de radar: sección recta, formación de imáxenes e problemas inversos
    • Tecnoloxías de THz: generación, radiación, dispersión e detección
    • Supercomputación electromagnética e a sua aplicación a caracterización e deseño de nanoantenas, metamateriais e dispositivos plasmónicos
    • Tecnoloxías avanzadas de Comunicacións Ópticas:dispositivos, sistemas e redes
    • Tecnoloxías cuánticas para comunicacións
    • Modelado de canle radio
    • Análise e deseño de circuitos de mircoondas e ondas milimétricas
    • Exposición a campos electromágneticos
    • Ensaios non destrutivos
    • Tecnoloxías informáticas:Computación Paralela e distribuida. Computación Evolutiva e Bioinspirada.Optimización Multiobxectivo
    • Computación reconfigurable e empotrada. Redes de sensores inalámbricas
    • Enxeñaría de Sistemas Espaciais, AIV, Operación, Propulsión e Segmento Terreo
    • Ensaios sobre vehículos compoñentes e Pezas
    • Medición, pegado e optimización de fibra de carbono
    • Realización de cálculos FEM sobre aceiro, fibra e materiais compostos
    • Análise tomográfico
    • Fiabilidade de sistemas electrónicos
    • Sensores
    • Convertedores electrónicos de potencia
    • Enxeñaría de Software Aeroespacial

    O Sistema de Garantía de Calidade de Doutoramento da Universidade de Vigo ten un carácter institucional.

    Está dirixido e coordinado a través da Escola Internacional de Doutoramento.

    A información xeral sobre a xestión da calidade nos doutoramentos (documentación do sistema de garantía de calidade, política e obxectivos de calidade, programas de calidade, Comisión de Calidade da Eido) está dispoñible nesta ligazón.