SOLICITUDES ATA O 14 DE ABRIL

Prácticas en municipios de menos de 5000 habitantes

Para estudantes de grao e de mestrado

UVigo - Bolsas 30/03/2023

Campus Rural é unha iniciativa desenvolvida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en colaboración co Ministerio de Universidades e la Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE).

Este programa permitiralle ao estudantado universitario de calquera titulación oficial completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas, tanto curriculares como  extracurriculares, no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento.

Características

  • Duración das bolsas de 3 a 5 meses, entre o 15 de maio e o 15 de novembro de 2023.
  • A dotación será dun máximo de 1000 euros, suxeita á retención do IRPF e ás obrigas de cotización á Seguridade Social. O pagamento farase por meses vencidos.

Requisitos     

  • Estar matriculado/a en titulacións oficiais de grao ou de mestrado da Universidade de Vigo no curso 2022/2023 de conformidade cos perfís definidos no anexo II da convocatoria.
  • No caso de estudos de grao, ter superado os 120 créditos da titulación na que se atopa matriculado/a no momento de finalización do prazo de solicitudes.

Información e solicitudes 

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 14 de abril de 2023.

Convocatoria e solicitudes


Oferta de prácticas

De seguido pódense consultar as prácticas ofertadas polas distintas entidades colaboradoras organizadas por ámbito.

Prácticas ofertadas

 

Máis información

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos
Edificio Exeria
As Lagoas - Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 094
bolsas@uvigo.gal