Institutos de investigación

Os institutos universitarios de investigación constitúen unha estrutura organizativa básica da actividade de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (I+D+i) do sistema público español, e especialmente das universidades.

 

 

Invernadoiro do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación​​​​​

Instituto de Agroecoloxía e Alimentación (IAA)

O IAA nace coa vocación de converterse nun centro de referencia na promoción a través da I+D+i da transición cara a sistemas agrolimentarias máis resilientes, sostibles, seguros e circulares. A súa misión é promover unha contorna de investigación interdisciplinaria e de excelencia con capacidade para ofrecer novo coñecemento e solucións que contribúan a este proceso de transición nun contexto marcado polos grandes cambios globais, incluído o cambio climático, preservando a biodiversidade e contribuíndo aos obxectivos de desenvolvemento sostible.

Web do IAA

 

 

Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais

Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (IFCAE)

Este instituto nace co obxectivo de ser o impulsor do ecosistema galego aeronáutico e aeroespacial así como das súas sinerxías coa investigación emerxente baseada na física. A súa misión é converterse e posicionarse como un centro de investigación e transferencia de I+D de referencia para o sector nos campos da física, sistemas aeroespaciais e outras disciplinas relacionadas, conectado ás redes nacionais e internacionais máis relevantes. 

Web do IFCAE

 

 

Instituto de Xustiza e Xénero

Instituto de Xustiza e Xénero (IXEX)

O seu propósito é converterse en plataforma de referencia para o estudo de todos os aspectos asociados co xénero, o seu tratamento ao longo da historia, os cambios que se produciron ate chegar á situación actual e de servir de canle cos distintos actores públicos e privados implicados nos problemas estruturais, legais e regulatorios asociados co xénero desde unha perspectiva multidisciplinaria.

Web do IXEX

 

Normativa

 

Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal