Comisión electoral

A comisión electoral organiza e supervisa os actos electorais para garantir a transparencia de todo o proceso. Analiza e resolve calquera incidencia durante unha elección, ademais de realizar o reconto dos votos e proclamar os resultados finais. 

Regúlase no artigo 8 do Regulamento electoral xeral da Universidade de Vigo. 

Ten por función resolver as reclamacións presentadas contra as decisións adoptadas polas xuntas electorais dos centros e dos departamentos, así como regular as eleccións do reitor ou reitora e dos membros do Claustro, aprobando o calendario, os censos e o procedemento das eleccións. Ademais, será o órgano competente para coñecer e resolver todos os problemas e dúbidas que se poidan presentar nestas e demais eleccións consideradas nos Estatutos da Universidade de Vigo.

Composición

  • A reitora ou reitor, que a preside, quen poderá delegar nun dos vicerreitores/as.
  • O secretario/a xeral da universidade.
  • 12 membros elixidos polo Claustro, dos que tres corresponderán ao profesorado doutor con vinculación permanente á universidade, tres a outro persoal docente e investigador, tres ao estudantado e tres ao persoal técnico e xestión e de administración e servizos.

Membros

  • Manuel Joaquín Reigosa Roger
    Presidente
  • María José Bravo Bosch
    Secretaria
  • Miguel Cuevas Alonso
    PDI-A
  • Silvia García González
    PDI-A
  • Mónica Villanueva Villar
    PDI-A
  • M.ª Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes
    PDI-B
  • María Consuelo Currás Valle
    PDI-B
  • Juan José López Escobar
    PDI-B
  • Estela Lima González
    Estudante
  • María José Martínez Martín
    PTXAS
  • Rodrigo Alberte Pivida
    PTXAS
  • José Luis Pita Carballo
    PTXAS