Estudantes

Estudantes de la universidad europea ATHENA


Que aporta ATHENA ao estudantado? 

ATHENA céntrase na transformación dixital das sociedades e busca crear formacións internacionalizadas, abrir a mobilidade internacional ao maior número posible de estudantes, favorecer a execución de proxectos de investigación e de desenvolvemento colaborativos e abrir novas perspectivas europeas, non só aos máis de 160 000 estudantes e aos 15 000 traballadores e traballadoras da Alianza, senón tamén ás comunidades locais e ás entidades socias.

Ao alumnado, proporciónalle unha educación internacional inclusiva, innovadora e de alta calidade aliñada permanentemente coas necesidades do mercado global.

O alumnado ten acceso a unha educación centrada en cada estudante a través de Clústeres de Competencias que lles permite:

  • crear itinerarios académicos personalizados que se axusten ás necesidades e intereses específicos de cada persoa, pois pódense intercambiar cursos dun mismo clúster.
  • reducir o tempo de graduación, xa que non teñen que esperar á edición do ano seguinte dun curso determinado que non superaran, podendo intercambialo por un curso equivalente que se vaia impartir no seguinte semestre.
  • beneficiarse da perspectiva internacional mentres estuda na súa institución de orixe a través dos diferentes recursos e plataformas de aprendizaxe a distancia (BlendED, Moodle etc.).

Ademais, ATHENA, a través das súas diferentes opcións formativas, permite ao estudantado adquirir e poñer en práctica competencias transversais de diferente natureza, incluíndoas nos seus itinerarios personalizados (escolas de verán, academia de soft skills, cursos de lingua e cultura etc.). 

ATHENA, tamén para estudantes ocasionais 

Os recursos educativos de ATHENA están dispoñibles para todas aquelas persoas que desexen desenvolver os seus coñecementos, competencias e habilidades.

Os clústeres de competencias son unha porta de acceso a tódalas universidades socias de ATHENA, podendo deseñar a experiencia formativa:  un tema específico en calquera modalidade, lugar, etc. consonte as preferencias individuais. 
 

Máis información:

Oficina ATHENA
Programa de Universidades Europeas
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
athena-office@uvigo.gal

Instagram  youtube  ​​​Linkedin