Empresas

Oportunidades de ATHENA para las empresas


A relación próxima entre a universidad e a empresa é unha prioridade para as universidades socias de ATHENA. 

Xa que logo, establecéronse diferentes grupos de traballo que abordan este enfoque, identificando as necesidades do sector empresarial, para tratar de que a oferta formativa se adapte o máximo posible ao mercado laboral.  

As empresas participan activamente nas actividades formativas da alianza. Como exemplo, nalgúns cursos/escolas de verán, as empresas formulan un desafío nun ámbito concreto a un grupo internacional de estudantes, quen deberán traballar conxuntamente para a súa resolución no prazo de catro meses. 

Así mesmo, ATHENA proporciónalles o acceso a unha plataforma de recrutamento mundial para poder anunciar as súas ofertas de emprego e prácticas (PRAXIS). 

Plataforma PRAXIS, como portal de emprego e prácticas (UVigo tamén utiliza JobTeaser)

Como visión de futuro, ATHENA pretende brindar unha educación internacional inclusiva, innovadora e de alta calidade aliñada permanentemente coas necesidades do mercado global, abordando os desafíos sociais e ambientais, así como as prioridades de investigación europeas, cumplindo cos máis altos estándares de empregabilidade e proporcionando ao noso estudantado unha transición profesional efectiva. 

Unha das prioridades de ATHENA reside no mantemento dunha estreita colaboración con socios da industria. A través de enfoques de aprendizaxe baseados en proxectos de investigación conxuntos e ofertas de aprendizaxe permanente, queremos acercar as universidades e empresas e mellorar a preparación do noso estudantado para a súa futura carreira. Ademais, ofrecemos seminarios, obradoiros, cursos de capacitación e asesoramento profesional individual. 

A través da estreita colaboración da rede ATHENA co portal en liña PRAXIS a modo de “mercado virtual” queremos chegar a estudantes de todo o mundo.

Os servizos de emprego das universidades de ATHENA comprometéronse a adaptar os seus contidos relacionados coa busca de emprego e de prácticas para que poidan publicarse na plataforma PRAXIS. Deste xeito, a oferta dispoñible para o alumnado ATHENA non será só máis numerosa, senón tamén máis internacional e diversa, aumentando potencialmente as opcións de empregabilidade. 
Praxis é o Centro Europeo para a Excelencia de Proxectos/Prácticas creado e administrado pola rede Praxis, un consorcio de máis de 133 socios en Europa, formado por institucións de educación superior, empresas, asociacións, laboratorios de investigación e cámaras de comercio.

Para aquelas institucións que queiran unirse a PRAXIS e utilicen xa outras plataformas, como JobTeaser (Universidade de Carinthia, Austria, asociados de ATHENA), estase a traballar para que estas poidan enlazarse directamente a PRAXIS.

 

Más información:

Oficina ATHENA
Programa de Universidades Europeas
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
athena-office@uvigo.gal

Instagram  youtube  ​​​Linkedin