Grao en Economía

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 60
Número de cursos: 4
Código:
V03G100V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias Sociais e Xurídicas

Coordinación do título

María Begoña Álvarez García

    Descrición

    O Grao en Economía ten como obxectivo a formación de profesionais capaces de analizar o comportamento dos mercados, a conduta dos axentes económicos e as consecuencias das medidas de política económica tomadas polas administracións públicas, buscando respostas a problemas tales como a inflación, o crecemento económico, o paro, os desaxustes monetarios ou os problemas relacionados coa sostibilidade.

    - Exercicio libre (consultoría, investigación de mercados, etc.)
    - Administración pública
    - Xestión de empresas
    - Ensino
    - Investigación
    - Servizos de estudos e planificación
    - Fiscalidade
    - Organismos internacionais
    - Comercio exterior
    - Dirección ou xerencia de empresas

    -Ter capacidade para describir e analizar, conceptual e empiricamente, o comportamento dos axentes económicos.
    -Demostrar unhas competencias específicas, incluíndo a aplicación dos coñecementos adquiridos.
    -Ter unha visión da economía e a súa operación, influenciada por unha variedade de recursos educativos.
    -Adquirir a capacidade para desenvolver e aplicar as perspectivas propias aos estudos.

    Non se esixe formación específica previa para cursar esta titulación. En calquera caso, recoméndaselle o acceso a este grao ao alumnado con:
    - Interese polos fenómenos económicos
    - Interese polas cuestión sociais e políticas
    - Capacidade de síntese e de análise
    - Facilidade para a comunicación e o traballo en equipo