Grao en Traballo Social

Características

Campus: Ourense
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 75
Número de cursos: 4
Código:
O05G220V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias Sociais e Xurídicas

Coordinación do título

Francisco Javier Aguiar Fernández

    Descrición

    O Grao de Traballo Social capacitará ao alumnado para o exercicio profesional como traballador e traballadora social, intervindo en situacións de conflito nos diferentes ámbitos sociais dos individuos, participando na formulación e planificación de políticas, servizos e iniciativas sociais e na prevención de problemas e conflitos entre persoas e/ou colectivos.

    - Asistencial: atención a demandas de individuos ou grupos relacionadas con necesidades sociais; orientación, información e asesoramento sobre dereitos sociais e recursos da sociedade; organización e xestión de servizos sociais; servizos de apoio e asesoramento á poboación en xeral e colectivos específicos
    - Prevención, promoción de situacións de inxustiza social que impidan a aparición de problemas e carencias sociais e que promovan os dereitos humanos
    - Incorporación social: en calquera poboación que se atope nunha situación de vulnerabilidade ou exclusión social
    - Docencia e investigación social: en relación con problemas sociais obxecto de intervención; análise e intervención no ámbito social (natureza, dimensión e prioridades, problemas e carencias, fortalezas etc.); investigación e análise dos factores condicionantes do benestar social
    - Mediación: mediación familiar, social, comunitaria…
    - Xestión, dirección de servizos, programas sociais e recursos humanos
    - Planificación, avaliación de programas e servizos
    - Coordinación con outros profesionais, administracións e recursos

    -Traballar para a eliminación das barreiras, desigualdades e inxustizas que existen na sociedade.
    -Contribuír a que as persoas tomen conciencia da súa realidade e necesidades e sexan capaces de obter por si mesmas satisfacción ás súas necesidades.
    -Contribuír á incorporación e inclusión dos grupos de persoas discriminadas, excluídas socialmente, desposuídas e vulnerables ou con risco de selo.
    -Comprometerse política, social e profesionalmente co desenvolvemento económico e a promulgación de políticas que contribúan á eliminación das desigualdades.

    Estudantado interesado en traballar por e para a eliminación de barreiras sociais, desigualdades e inxustizas da sociedade actual; con sensibilidade pola incorporación e inclusión dos grupos de persoas discriminadas, vulnerables ou con risco de chegar a selo.