Grao en Xeografía e Historia

Características

Campus: Ourense
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 40
Número de cursos: 4
Código:
O02G251V01

Área de coñecemento

Área de Artes e Humanidades

Coordinación do título

María Beatriz Vaquero Díaz

    Descrición

    O Grao en Xeografía e Historia presenta carácter multidisciplinar e polivalente que capacita para un amplo abanico de saídas profesionais coma os servizos educativos, os servizos da administración ou os medios de comunicación.

    Este título adquire un carácter singular que o diferencia da dinámica habitual que implica a separación en tres títulos especializados en Historia, Historia da arte e Xeografía. A nosa oferta formativa inclúe materias de Historia, Historia da arte e Xeografía que proporcionan unha formación básica para comprender o pasado e o presente, coñecer o territorio e obter certas habilidades (espírito crítico, capacidade de síntese ou procura de información).

    Outra circunstancia a destacar é a posibilidade de cursar o Grao en Xeografía e Historia a través da modalidade semipresencial, na que o estudantado só ten que asistir ás probas de avaliación, coa vantaxe de acceder ao material docente a través dunha plataforma e coa posibilidade de asistir ás clases presenciais que desexe.

    - Profesorado de Ensino Secundario: a formación nos tres ámbitos (Historia, Historia da arte e Xeografía) coincide coa temática esixida nas oposicións
    - Xestión do patrimonio histórico e cultural: o sector turístico é considerado estratéxico tanto no ámbito público como privado
    - Documentalista: nos arquivos e outras entidades requírense especialistas para organizar a documentación
    - Museos e bibliotecas
    - Actividades arqueolóxicas
    - Organización e desenvolvemento de eventos culturais: actividades moi de actualidade que deben acadar o nivel de rigorosidade axeitado
    - Xestión de institucións culturais: a través dos coñecementos dos obxectos que nelas se albergan
    - Deseño de materiais e contidos para páxinas web culturais, aplicacións educativas
    - Asesoría a medios de comunicación

    -Conseguir un coñecemento racional e crítico do pasado da humanidade.

    -Coñecer o territorio (ambiente, sociedade, cultura) desde unha perspectiva diacrónica e sincrónica.

    -Adquirir un coñecemento básico dos principais acontecementos e procesos de cambio e continuidade na historia.

    -Integrar o coñecemento da xeografía na formación do alumnado a partir do sistema de relacións ambiente-sociedade e a súa dinámica.

    A estrutura do plan de estudos favorece a mobilidade de estudantes no cuarto curso, pois é nese momento cando se inclúe a oferta de materias optativas. O estudantado pode optar por unha temporalidade anual ou semestral, dependendo das súas circunstancias persoais.

    A mobilidade estudantil céntrase no programa Sicue (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois.) Dentro deste programa, a Facultade de Historia ten acordos con catro facultades españolas que imparten esta titulación, polo que se ofrecen un total de sete prazas por ano académico.

    No tocante ao programa Erasmus, a Facultade de Historia ten acordos con sete universidades de catro países europeos, polo que se ofrecen un total de 16 prazas.

    Interese polo pasado, polo coñecemento das manifestacións artísticas, polo medio físico e natural, respecto á diversidade, espírito crítico e gusto pola lectura.