Licenciado e Doutor Internacional en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, en cuxo Departamento de Historia Medieval e Moderna foi investigador do Programa Nacional de Formación de Profesorado Universitario. Realizou estadías de investigación no Arquivo Apostólico Vaticano, na Sapienza - Università di Roma, na École des Hautes Études en Sciences Sociales de París e en El Colegio de Michoacán (México). Tamén foi profesor na Facultade de Humanidades (Campus Terra) da Universidade de Santiago de Compostela e na Facultade de Humanidades e Documentación (Campus de Ferrol) da Universidade da Coruña. Actualmente imparte docencia na Facultade de Historia e na Facultade de Relacións internacionais da Universidade de Vigo. A súa liña de investigación evolucionou dende a historia da educación e da rede escolar en Galicia cara a historia social e cultural da Igrexa, para centrarse na análise social, cultural e política do alto clero galego dos séculos XVI ao XIX. Neste marco, participou en múltiples proxectos de investigación financiados de ámbito autonómico, nacional e europeo, e na actualidade forma parte do equipo de traballo do proxecto Ciudades y villas del Noroeste Ibérico: gobernanza y resistencias en la Edad Moderna (Ref. PID2021-124823NB-C21), desenvolvido de xeito interuniversitario entre a USC e a UDC baixo a dirección dos investigadores principais Dra. Ofelia Rey Castelao e Dr. Manuel-Reyes García Hurtado.