Cultura en Ourense

Cultura en Ourense

A oficina de actividades culturais, integrada na Vicerreitoría do campus de Ourense, é a responsable da programación, xestión e difusión das actividades culturais entre a comunidade universitaria e tamén na súa contorna

A programación estable e de produción propia conta con cinco ámbitos de traballo fundamentais:

A permeabilidade entre a comunidade universitaria e a sociedade na que está integrada é o fío condutor nestes ámbitos.

Hai máis, o Outono fotográfico, o Festival Internacional de Teatro de Ourense, os Encontros literarios, o Portugués perto, o cinema… e sempre traballando da man con outras entidades culturais, públicas e privadas, o Liceo de Ourense, o Cineclube Padre Feijoo, Sarabela, AGAL…

 

Día de Rosalía de Castro

O vindeiro 25 de febreiro, o campus de Ourense acollerá unha serie de actividades para conmemorar, un ano máis, o Día de Rosalía de Castro:

  • Mascarada poética, ás 12.00 h, desde a Biblioteca Rosalía de Castro
  • Mostra bibliográfica de Rosalía de Castro
  • Xornada conmemorativa, ás 13.00 h, no espazo entre o edificio Politécnico e o edificio de Facultades

Concurso de máscaras en Instagram

Ademais, ata o 22 de febreiro, podes participar nun concurso de máscaras en Instagram organizado pola Facultade de Ciencias da Educación e a Área de Cultura do campus de Ourense. Descarga aquí a imaxe en branco de Rosalía de Castro e decóraa de xeito artístico de acordo coas bases do certame.

 

Para máis información, podes contactar coa Oficina de Actividades Culturais
culturavicou@uvigo.es
+34 988 387 219