Xornadas comarcais de orientación

Imaxe de estudantes de costas con mochila da Universidade de Vigo

Co obxectivo de achegar a nosa institución a todos os puntos de Galicia, a Universidade de Vigo organiza as xornadas comarcais de orientación. Nelas o persoal da UVigo facilitará información sobre as probas de acceso e de admisión á universidade, a oferta formativa e as instalacións, os servizos e a vida universitaria. Ademais, profesorado universitario expoñerá as características académicas e as saídas profesionais das titulacións de grao por ámbito de coñecemento.

As xornadas previstas (en horario de 9.30 a 13.30 h) para o curso 2019/2020 son as seguintes:
 

Información

  • Cancélase a xornada do 19 de novembro no Auditorio Municipal de Lalín para a comarca do Deza
  • Aprázanse as xornadas previstas para as comarcas do Barco de Valdeorras e do Carballiño e informarase proximamente das novas datas.
Comarca Concellos Data Lugar
A Mariña Occidental Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Ourol Martes, 5 de novembro de 2019 Teatro Pastor Díaz de Viveiro
O Salnés Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Illa de Arousa, Cambados, Ribadumia, Meis, Meaño, Sanxenxo, O Grove Venres, 8 de novembro de 2019 Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa
Barbanza Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira Martes, 12 de novembro de 2019 Auditorio Municipal de Ribeira
O Morrazo Marín, Bueu, Moaña, Cangas do Morrazo Xoves, 14 de novembro de 2019 Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo
Deza Vila de Cruces, Agolada, Silleda, Lalín, Rodeiro, Dozón Martes, 19 de novembro de 2019 Auditorio Municipal de Lalín
Baixo Miño Tui, Tomiño, Oia, O Rosal, A Guarda Mércores, 20 de novembro de 2019 Teatro Municipal de Tui
Valdeorras Vilamartín de Valdeorras, Rubiá, O Barco de Valdeorras, A Rúa, Petín, Larouco, O Bolo, A Veiga, Carballeda de Valdeorras Martes, 26 de novembro de 2019 Teatro Municipal Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras)
O Carballiño Piñor, O Irixo, Beariz, San Cristovo de Cea, O Carballiño, Boborás, Maside, San Amaro, Punxín Martes, 3 de decembro de 2019 Auditorio Municipal do Carballiño

 

Programa e inscrición

  • Programa completo

Os centros de secundaria poderán inscribirse a través do seguinte formulario ata 15 días antes da xornada ou ata completar a capacidade da sala.

Novas relacionadas

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.es