Facultade de Comunicación

Equipo de goberno

Decano/a

Emma Torres Romay

Secretario/a de Facultade

Silvia García Mirón

Vicedecano/a

Jose Pita Castelo
Paulino Emilio Pérez Feijoo
Oswaldo García Crespo
Vicente Badenes Plá

Localización

Campus A Xunqueira, s/n
CP: 36005
Pontevedra

Código do centro

204

    Máster Universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    25
    Código
    10419

    Este mestrado presencial de 60 créditos ECTS, impartido na Facultade de Comunicación (Pontevedra), ofrece unha formación especializada e multidisciplinar orientada á planificación estratéxica, a dirección de comunicación e a produción de contidos en ecosistemas dixitais. Prepara o estudantado para perfís de alta demanda profesional no ámbito da comunicación como a xestión de medios sociais e a creación de contidos dixitais.
     

    Acceso e admisión

    O proceso de selección de estudantes será avaliado por unha comisión académica que segue uns criterios cunha puntuación máxima de 12 puntos:

    • Adecuación da titulación de acceso: priorizaranse as titulacións mencionadas no perfil de ingreso (máximo 3 puntos)
    • Expediente académico: utilizarase un baremo de 1 a 4 (máximo 4 puntos)
    • Currículum vítae: valoración da traxectoria (máximo 2 puntos)
    • Coñecemento e acreditación do nivel de inglés (máximo 2 puntos)
    • Coñecemento e acreditación do uso das TIC: (máximo 1 punto)

    Perfil de ingreso recomendado

    O perfil de ingreso idóneo circunscríbese a persoas tituladas no ámbito da comunicación.

    • Perfil de ingreso prioritario (nivel 1): graduados/as en Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual e Xornalismo.
    • Perfil de ingreso afín (nivel 2): Titulados/as noutros graos do ámbito das ciencias sociais e xurídicas ou das artes e humanidades estreitamente vinculados á temática do título, como Marketing, Dirección e Xestión Pública, Administración e Dirección de Empresas, Belas Artes, Deseño ou similares.

    Obxectivos xerais da titulación

    O obxectivo principal do mestrado é proporcionarlle ao estudantado unha formación avanzada, especializada e multidisciplinar para capacitalo na análise crítica, a planificación estratéxica e a dirección da comunicación en ecosistemas dixitais. De aquí derívanse os seguintes obxectivos formativos específicos:

    • Analizar de forma crítica e exhaustiva a estrutura, as lóxicas algorítmicas e a evolución do ecosistema das plataformas sociais. Isto inclúe comprender o impacto nos procesos de comunicación pública, corporativa e interpersoal.
    • Deseñar, implementar e auditar estratexias integrais de comunicación dixital. Aplicaranse metodoloxías avanzadas de investigación para a avaliación do impacto, a monitorización de métricas e a toma de decisións baseada en datos.
    • Desenvolver capacidades directivas e innovadoras para a ideación, produción e curaduría de contidos dixitais multiformato. O fin é optimizar o alcance e a interacción fronte a diferentes audiencias.
    • Xestionar estratexicamente a identidade dixital, a reputación en liña e a creación de marca en contornos altamente dixitalizados e converxentes. Esta xestión aplícase tanto á marca corporativa como á persoal.   

    Plan de estudos

    Saídas profesionais

    As ensinanzas oriéntanse a dous perfís fundamentais de egreso:  

    • Social Media Manager: responsable da creación, desenvolvemento, implantación e avaliación da estratexia de comunicación dunha empresa, produto ou institución en medios sociais.  
    • Content Manager: responsable da creación dos contidos en calquera formato para medios sociais, blogs ou webs. As súas labores inclúen a redacción de textos e a creación de imaxes e vídeos optimizados para os distintos medios e soportes en liña. 

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Javier Abuín Penas

    Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade

    Ciencias Sociais e Xurídicas
    Campus de Pontevedra

    Características

    Modalidade
    Presencial
    Créditos ECTS totais
    60
    Número de cursos
    1
    Prazas
    30
    Código
    P04M082V11

    O Mestrado en dirección de arte en publicidade ofrece unha formación especializada orientada a proporcionar unha visión profesional do deseño gráfico e da creatividade aplicada ao proceso publicitario.

    Trátase dun programa de posgrao cun enfoque eminentemente práctico, concibido para dotar ao estudantado das competencias necesarias que faciliten a súa incorporación a departamentos de arte, permitíndolles participar de maneira activa no desenvolvemento de procesos creativos.

    Así mesmo, o carácter obrigatorio das prácticas externas favorece a adquisición dunha perspectiva integral e profesional da contorna laboral, contribuíndo a unha mellor comprensión do sector no que desenvolverán a súa actividade profesional.
     
     

    Acceso e admisión

    O órgano de admisión é a comisión académica do mestrado (a súa composición e cargos pódense consultar na web da titulación).

    En canto aos criterios de valoración de méritos do potencial alumnado, estableceuse un baremo sobre 100 puntos de acordo cos seguintes requisitos:

    • Titulados/as en Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual e Belas Artes: 30 puntos
    • Titulados/as en Xornalismo, Historia da arte e titulacións das Ciencias Sociais: 10 puntos
    • Resto de titulacións: 0 puntos
    • Expediente académico: ata 30 puntos.
    • Currículum vítae profesional: ata 20 puntos.
    • Portafolio cos traballos máis representativos na traxectoria das persoas aspirantes: ata 20 puntos.

    O número mínimo de estudantes será de 20 e o máximo 30.

    Mestrado 100 % presencial. Non se admitirá matrícula a tempo parcial nestes estudos.
     

    Obxectivos xerais da titulación

    • Dominar os coñecementos e as ferramentas necesarias para o desempeño competente, autónomo ou colaborativo de actividades profesionais relacionadas coa creatividade publicitaria.
    • Ser capaz de construír e planificar discursos propios da comunicación publicitaria para desenvolver campañas, adaptando as estratexias e as mensaxes aos obxectivos establecidos e aos diferentes públicos.
    • Fomentar a capacidade analítica, crítica e reflexiva en relación coa creatividade publicitaria, con coñecementos teóricos, técnicos e estéticos sobre as orixes, o panorama actual e as novas tendencias da dirección artística en publicidade.
    • Coñecer a historia e as diferentes teorías do deseño e a creatividade publicitaria.
    • Ser capaz de identificar novas tendencias relacionadas coa publicidade e a comunicación mediante o uso de ferramentas e bases de datos específicas.
    • Coñecer as técnicas e os procesos creativos da publicidade, tanto na teoría como na práctica, identificando os recursos, elementos e métodos empregados.
    • Posuír a capacidade teórica e práctica para a creación, elaboración e desenvolvemento dun orixinal publicitario no marco dunha estratexia corporativa global, adaptándoo ás necesidades creativas e de produción de cada unha das canles de difusión.
    • Ter coñecementos básicos para situar a actividade publicitaria nun contexto de competencia local, nacional e internacional, destacando a importancia das técnicas creativas como activo diferenciador na publicidade.
    • Ser capaz de crear e desenvolver ideas de proxectos publicitarios que se adapten a posibles cambios ou novos contornos de mercado.
    • Ser capaz de concibir e deseñar mensaxes creativas eficaces dentro dunha estratexia publicitaria, orientada a diferentes medios e soportes, segundo os públicos establecidos.
    • Ser capaz de producir mensaxes creativas eficaces dentro dunha estratexia publicitaria.
    • Ser capaz de redactar textos publicitarios con fluidez e axeitadamente ás necesidades creativas da mensaxe, aplicando as características da linguaxe publicitaria.
    • Practicar a autoavaliación crítica dos resultados, valorando a importancia de corrixir os erros cometidos no proceso creativo.
    • Ter a capacidade de organizar e programar tarefas, cumprindo os prazos para as entregas orixinais segundo unha estratexia publicitaria específica.
    • Ser capaz de crear e desenvolver marcas persoais, adaptándoas a diferentes medios e formatos.
    • Coñecer as técnicas para o desenvolvemento de proxectos multimedia interactivos.
       

    Plan de estudos

    Preinscrición e matrícula

    Contacto

    Coordinación do título

    Julinda Molares Cardoso