Grao en Dereito
Características
Área de coñecemento
Coordinación do título
Descrición
O obxectivo fundamental deste grao é formar profesionais de perfil xurídico, cun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co dereito. O Grao en Dereito proporciona a estrutura xeral e os conceptos fundamentais das diversas disciplinas xurídicas, para que, sobre a base dos mesmos, os/as graduados/as poidan identificar, analizar e dar solución aos problemas xurídicos, no exercicio libre, en empresas ou en administracións públicas coas funcións de asesoramento legal, representación e defensa legal, dación de fe pública, xestión pública, cualificación rexistral, defensa da lexislación e dos dereitos da cidadanía, xulgar e executar o xulgado, dirección e coordinación tanto en ámbito privado como público, mediación, conciliación e arbitraxe.
Saídas profesionais
-Avogacía
-Procuradoría
-Xudicatura
-Ministerio fiscal
-Secretaría de xulgado
-Notaría
-Rexistro
-Docencia
-Funcionariado
-Empresa privada
-Asociacións e organizacións privadas
Obxectivos xerais da titulación
Proporcionar ao alumnado a estrutura xeral e os conceptos fundamentais das diversas disciplinas xurídicas, para que, sobre esta base, poidan identificar, analizar e dar solución aos problemas xurídicos.
Mobilidade
A estrutura do plan de estudos favorece a mobilidade de estudantes no cuarto curso, pois é nese momento cuando se inclúe a oferta de asignaturas optativas. Os estudantes poden optar por unha temporalidade anual ou semestral, dependendo das circunstancias personais dos estudantes. A movilidades de estudantes céntrase nos programas SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) e Erasmus, no ámbito europeo, e o programa ISEP cos Estados Unidos. Dentro do programa SICUE, a Universidade de Vigo ofrece catro prazas de intercambio.
Regulamento e normativa aplicable
Perfil de Ingreso recomendado
Poderán cursar estes estudos o alumnado procedente de calquera rama do bacharelato así como os/as titulados de ciclos formativos de grao superior de determinadas especialidades. Polo demais, non se esixe formación previa específica.