Grao en Ciencias do Mar

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 70
Número de cursos: 4
Código:
V10G061V01

Área de coñecemento

Área de Ciencias

Coordinación do título

Irene Alejo Flores

    Descrición

    O Grao en Ciencias do Mar ten como obxectivo a preparación científica e práctica de profesionais en relación co ámbito mariño e litoral, proporcionando ás persoas egresadas unha formación multi e pluri disciplinar aplicable a actividades pesqueiras, acuicultura, oceanografía, medio ambiente e a súa protección, Xestión e ordenación do litoral, turismo sostible, novos recursos alimentarios, minerais de interese industrial e enerxías renovables.

    - Investigación mariña
    - Pesca, acuicultura e marisqueo
    - Exploración, explotación e xestión de recursos mariños
    - Consultorías medioambientais e de enxeñaría de costa
    - Xestión, economía, lexislación e contaminación do medio mariño
    - Docencia

    Capacitación de científicos para:
    - Realizar investigacións nos diferentes campos
    - Prestar asesoramento en materias das que son competentes como recursos mariños, temas medioambientais, impactos, etc., como resultado da petición das Administracións públicas ou de empresas.
    - Formar a súa vez a outros científicos e técnicos

    A Facultade de Ciencias do Mar ten como obxectivo fomentar a participación do seu alumnado nos diferentes programas de mobilidade existentes para que así poidan desenvolver parte dos seus estudos noutra institución de ensino superior española ou estranxeira. Está centrada en programas como SICUE (21 prazas, coas universidades españolas onde se imparte o grao), Erasmus (29 prazas, en Alemaña Bélxica, Dinamarca, Francia, Italia, Noruega, Países Baixos, Portugal e Romanía), programa bolsas propias da UVigo, bolsas Iberoamérica Santander, ISEP e ámbitos xeográficos fóra de Europa (Brasil , Chile, México e Perú)

    Os coñecementos previos recomendables para aquel alumnado que queira cursar Ciencias do Mar son os de Bacharelato de ciencias, no que se imparten as catro disciplinas científicas básicas: Bioloxía, Xeoloxía, Física – Química e Matemáticas, así como capacidades para a aprendizaxe, carácter emprendedor e un nivel, ao menos, de iniciación na investigación básica.