Grao en Enxeñaría Agraria

Características

Campus: Ourense
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 45
Número de cursos: 4
Código:
O01G281V01

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura

Coordinación do título

Juan Carlos Nóvoa Muñoz

    Descrición

    Grao en Enxeñaría Agraria forma profesionais con amplos coñecementos científicos e tecnolóxicos e capacitados para o desenvolvemento de actividades no sector agrario e alimentario. Os estudos recibidos facultan para proxectar, executar e dirixir instalacións e explotacións comprendidas nas ramas agrícola e da industria de transformación de produtos.

    - Industrias agrarias: planificación e desenvolvemento de industrias agrarias, xestión de cooperativas, dirección e xerencia de industrias agropecuarias, incremento da eficacia e produtividade das propiedades agrícolas, transformación dos produtos obtidos da natureza noutros de máis valor a través de industrias agrícolas
    - Industrias alimentarias: procesos de elaboración de produtos alimentarios, proxección e dirección de obras do sector alimentario, planificación e desenvolvemento de industrias alimentarias, comercialización e mercadotecnia de produtos alimentarios
    - Consultoría, xestoría: estudos de viabilidade e investimentos agrarios, asesoría técnica, análise de viabilidade económica, asesoramento e xestión de subvencións, valoracións e peritaxes, realización de estudos e informes
    - Calidade: control de calidade, control de produción e desenvolvemento de novos produtos, control de procesos, análises e control de materias primas e produtos alimentarios, mellora de produtos agrarios e de gandaría
    - Outros: xestión de recursos hídricos e outros recursos naturais, tecnoloxía e xestión ambiental

    -Coñecer e comprender os conceptos básicos de carácter científico con aplicación directa á enxeñaría agraria.
    -Coñecer e comprender os conceptos específicos relacionados coa produción animal e vexetal, a xestión do medio no medio rural, a organización e xestión de industrias agrarias e agroalimentarias, a enxeñaría e tecnoloxía dos alimentos, a enxeñaría das industrias agrarias e agroalimentarias, a tecnoloxía da produción hortofrutícola,
    a enxeñaría do medio e da paisaxe e o desenvolvemento sostible.

    Mencións:
    - Industrias agrarias e alimentarias
    - Hortofruticultura e xardinería

    Estudantado interesado en aspectos relacionados coa produción animal e vexetal, a xestión do medio ambiente no medio rural e/ou a organización e xestión de industrias agrarias e agroalimentarias.