Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
Características
Área de coñecemento
Coordinación do título
Descrición
Este grao pretende proporcionar unha formación integral e multidisciplinar no ámbito socio-laboral para deseñar e implantar estratexias e políticas de recursos humanos e intervención no mercado de traballo, así como participar na comunicación en diversos ámbitos de actuación coma o asesoramento laboral, xestión e dirección de persoal, etc.
Saídas profesionais
Asesoría: consultoría de empresas e asesoría laboral, arbitraxe-asesoría en negociacións, asesoría en convenios colectivos, asesoría para avaliar condicións de traballo, asesoramento fiscal e contable, en xubilacións, pensións, desemprego, seguridade e hixiene no traballo…
Prevención de riscos laborais: control e prevención en cuestión de seguridade e hixiene no traballo, control de medidas de seguridade na empresa, colaboración cos servizos médicos de empresa
Representación e mediación en conflitos traballador/a-empresario/a, administrativa e xudicial
Xestión: xestión e organización de departamentos de persoal, xerencia de institucións, asociacións, empresas; xestión de asuntos relacionados coa contratación, xestión de prestacións á Seguridade Social
Mobilidade
Regulamento e normativa aplicable
Perfil de Ingreso recomendado
Estudantado interesado no desenvolvemento das diversas profesións de contido xurídico, tanto mediante o exercicio autónomo da profesión como a través de oposición ou outros sistemas de selección para o emprego público; tamén e de forma especial, mediante a incorporación ao mundo empresarial.