Grao en Tradución e Interpretación (Español-Inglés)

Características

Campus: Vigo
Tipo: Grao
Créditos ECTS totais: 240
Modalidade: Presencial
Prazas: 60
Número de cursos: 4
Código:
V01G230VEI

Área de coñecemento

Área de Artes e Humanidades

Coordinación do título

Ana María Pereira Rodríguez

    Descrición

    O obxectivo básico deste grao é formar profesionais da tradución e da interpretación capaces de identificar e de aplicar as ferramentas e as estratexias de mediación cultural e lingüística de calidade, ademais de preparalos/as para unha futura especialización. O estudantado elixirá entre tres opcións: inglés-español, francés-español e inglés-galego. Calquera que sexa a opción escollida, estudarase a maiores un segundo idioma (inglés, francés, alemán ou portugués).

    -Tradución.

    -Docencia.

    -Secretariado bilingüe.

    -Vendas internacionais.

    -Relacións públicas.

    -Marketing.

    -Administración.

    -Usar correctamente todas as linguas de traballo, identificar a variación lingüística e discernir entre rexistros, linguas de especialidade, xergas e dialectos.

    -Dominar a comunicación oral en todas as súas formas e desenvolver os rudimentos de control e interpretación entre, polo menos, dúas linguas estranxeiras.

    -Adquirir as destrezas e mecanismos de revisión e corrección de textos, segundo as normas e procedementos estándar.

    -Dominar práctica e activamente a lingua propia e posuír grandes destrezas en competencias pasivas orais e escritas.

    A organización do plan de estudos facilita a posibilidade de solicitar bolsas de mobilidade. A oportunidade de estudar un ano fóra permitirá a consolidación dunha segunda ou terceira lingua por medio do programa Erasmus no terceiro curso. Dentro deste programa, a Facultade de Filoloxía e Tradución posúe acordos con 45 universidades de 14 países europeos, polo que ofrece un total de 103 prazas.

    Por outra banda, o programa de mobilidade entre universidades españolas, Sicue, previsto para o cuarto curso, ábrelle ao estudantado o coñecemento doutras universidades españolas. No marco deste programa, a Facultade de Filoloxía e Tradución ten acordos con sete universidades españolas, o que conforma unha oferta de 13 prazas de intercambio.

    Cabe destacar tamén que, a través dun terceiro programa de mobilidade (as bolsas propias ofrecidas pola Universidade de Vigo), o alumnado ten a oportunidade de estudar noutros centros universitarios, non necesariamente da Comunidade Europea.

    Finalmente, o convenio ISEP con universidades dos Estados Unidos permite elixir entre una trintena de centros universitarios para realizar estadías no derradeiro curso académico.

    Estudantado interesado na comunicación oral en todas as súas formas e variedades lingüísticas, ademais da literatura e os textos en xeral. Recoméndase dominar as linguas nativas e posuír destrezas en competencias pasivas orais e escritas.cación intercultural.